Un excéntrico inventario de Bruxas da avoa Maruxa. Un orixinal texto rimado cunha alta dose de humor.
Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun humor brillante; con peor talante… mais ao final todas se facían querer.
Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño.
Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que que gañou, mudouse a un balneario. Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén un pouco bruxa?
Inventario de bruxas da avoa Maruxa
Sé el primero en valorar “Inventario de bruxas da avoa Maruxa” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.