Este libro é unha introdución ao desemprego, á inflación e á débeda de forma accesíbel, intelixíbel e divertida. Mentres que o volume I: microeconomía se centraba no individuo optimizador, o volume II: macroeconomía, explica os factores que afectan a economía dun país e mesmo de todo o planeta. A obra explora as dúas grandes preocupacións da macroeconomía: como medran as economías e por que sofren colapsos. A obra ilustra os aspectos básicos do mercado laboral e explica que é e que mide o PIB, así como a influencia do estado, do comercio e da tecnoloxía sobre a economía. Ao tempo, aborda a teoría económica da pobreza mundial, o cambio climático e o ciclo económico. A tradución fíxose no grupo GRETTEL da Universidade de Vigo.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.