Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia

Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia

15,00 

1 disponibles

A dixitalización avanza sen pausa. Atórdanos a avalancha de datos e comunicación e, a un tempo, sentimos impotencia ante un tsunami de información que desprega forzas deformadoras e destrutivas. Actualmente, a dixitalización entrou xa na esfera política, onde provoca grandes distorsións no proceso democrático. As campañas electorais preséntanse como guerras de información nas que todo medio técnico e psicolóxico é válido. Nas redes sociais, empréganse contas ficticias automatizadas que divulgan fake news, impulsan campañas difamatorias e odio, e inflúen na formación de opinión política. As teorías da conspiración e a propaganda dominan o debate político. Con psicopolítica e psicometría dixital búscase influír nas decisións de voto e evitar as decisións conscientes.
Por primeira vez editado en galego, Byung-Chul Han describe neste último ensaio a actual crise da democracia e atribúea ao cambio estrutural da esfera pública na dixitalización. Esa crise ten un nome: infocracia.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia”