Espertei.
Nese intre deixei de abranguer a illa cos meus brazos para saltar ao máis escuro onde os pensamentos eran líquidos e as mans, nerviosas, procuraban un camiño de volta entre as escumas.
E vinme noutro espazo. Parecía un xardín azul, sen hortensias. Se me achegaba, descubría que era unha fraude cada planta e que peixes de cores cruzaban polas redes das follas e abrían as bocas invocando o meu nome.
Espertei nun mundo distinto, pero eu era a mesma. Por primeira vez podía sentir o paradoxo dun soño.
Incesante vagalume

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Costa oeste
Autor: Ana María Fernández Martínez
ISBN: 9788491517290
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 100
12,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Incesante vagalume” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.