Os relatos de Imaxes roubadas están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, conducen ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes… As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario.Nones Araújo é sabedora de que o camiño andado non sempre é a única opción. A escritora confía na capacidade da literatura para abrir portas cando a liberdade é roubada e se impón a desigualdade. Por iso nos proporciona estes relatos de ficción en tempos tramposos, con finais non sempre festivos e, ás veces, sorprendentes.
Imaxes roubadas

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Nones Araújo
ISBN: 9788411100687
Edición: Febreiro 2022
Páginas: 176
18,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Imaxes roubadas” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.