Velaquí unha autora da estirpe das solitarias, con apego pola voz baixa e as paisaxes mariñas, e ofrecéndonos un libro nado durante a común e extraordinaria experiencia da pandemia e do confinamento. Está nel a ollada a un mundo que viviu perplexo fronte ao baleiro, mais tamén o diálogo cunha vida interior dinámica e axitada, en plena revelación dalgunhas verdades luminosas. Estes poemas parten da vivencia das dúas metamorfoses que unha muller experimenta na vida, a da pubertade e a da madurez, e por iso falan do que vincula e ao tempo separa ambos os dous momentos. Son poemas, asemade, que serven para unha reflexión profunda sobre a conciencia do cambio e a certeza de que este só se produce co coñecemento do inmutable que aniña en nós.
Baixo as néboas do pasado e ao abeiro do hoxe, estamos ante poemas que negocian cos mitos de sempre e acollen os desta actualidade. E isto todo, no feliz regreso de Helena de Carlos á poesía, coa naturalidade das palabras necesarias.
Imago
Sé el primero en valorar “Imago” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.