Historia de dous amantes

Historia de dous amantes

Editorial: Rinoceronte Editora
Autor: Enea Silvio Piccolomini
ISBN: 9788417388881
Edición: Novembro 2022
Páginas: 110

18,00 

1 disponibles

Cando escribe a Historia de dous amantes, en 1444, Piccolimini está a piques de facer corenta anos. A súa posición como hábil negociador político e escritor culto estaba ben establecida tanto en Italia coma nas terras do Sacro Imperio Romano Xermánico. De feito, pódese dicir que foi o principal persoeiro que lles levou aos alemáns os ideais culturais do Humanismo, movemento que el vira nacer en Italia. O motivo de escribir o relato é compracer unha petición que lle fixera o seu amigo Mariano Sozzini: narrar unha historia de amor, ficticia ou real. Piccolomini confesa que optou pola segunda posibilidade: vai contar a historia dos amores adúlteros entre un home do séquito do emperador Sexismundo, chamado Euríalo, e unha muller casada, de nome Lucrecia. Indica tamén que se vai basear nunha relación amorosa que Kaspar Schlick, a quen vai dedicada a obra, tivo durante unha estadía en Siena. Tradución do latín, introdución e notas de Alfonso Blanco.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Historia de dous amantes”