Achega crítica e ben diferente aos estudos e libros publicados ata hoxe sobre a condesa de Pardo Bazán, no ano no que se conmemora o centenario da súa morte. García Negro formula e dá resposta a varias cuestións relevantes arredor da personalidade e da obra de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921). Examina, por unha banda, o feminismo da narradora e pregúntase se miraba realmente con lentes violeta ou eran pola contra uns lentes “de clase”. Por outro lado, analiza o xeito en que Pardo Bazán exercía de galega e, sobre todo, que imaxe de Galicia construíu e difundiu no seu tempo. En terceiro lugar, aborda tamén o posicionamento político ou ideolóxico da recoñecida autora. ¿Era dona Emilia liberal ou fondamente conservadora? ¿Como encaixaba o seu aristocratismo en todo o seu pensamento? A súa actitude ante a lingua e a literatura galegas e o tratamento en concreto que lle dispensou a Rosalía de Castro son outras das cuestións cruciais abordadas con devagar neste ensaio, no que María Pilar García Negro deixa falar á propia Emilia Pardo Bazán. Será esta, a través das súas obras e declaracións, quen vaia retratándose.
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán

Editorial: Alvarellos Editora
Autor: María Pilar García Negro
ISBN: 9788418567070
Edición: 1ª Xullo
Páginas: 158
17,50 €
1 disponibles
Sé el primero en valorar “Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.