Biografía gráfica que destaca a inxente cantidade de tarefas e compromisos que Fernández del Riego asumiu ao longo da vida. Foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editorial Galaxia, preso político, secretario do Partido Socialista Galego, director de Artes Gráficas Galicia, editor, director da revista Grial, académico e presidente da Real Academia Galega, director da Fundación Penzol, escritor, divulgador, coleccionista de arte, bibliófilo… E aínda tivo tempo para gozar da vida.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.