Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista

A incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 – Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación das liberdades polas que tanto loitara: “Xoguei, perdín, calei e marchei”. Marchou, pero non calou.
Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza.
En “Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista”, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Ricardo Gurriarán
ISBN: 9788491517825
Páginas: 412

25,50 

1 disponibles

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”