Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía

Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía

Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega a algunhas das circunstancias biográficas e literarias que agroman na lírica da sinceridade que sen dúbida practicou Fiz Vergara Vilariño. De exquisita delicadeza, debeu loitar coa enfermidade e coa incomunicación dende a súa Lóuzara Xabreira, polo que so-
licitaba decontino as visitas e as epístolas dos seus camaradas.
Ó xeito dun trobador namorado, agardará por sempre, na compaña da soidade e da bremanza, a chegada da súa dama, “xunto ó vello muíño” e á Fonte da Cova, marco onde concorren os devanceiros e o retorno á infancia.
Fiz arelaba, unha vez desaparecese da vida, liberarse das ataduras físicas e que o seu corpo, alleo ó sufrimento, fose convertido “nun ramallo de panqueixos e caraveis”.

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Yago Rodríguez Yáñez
ISBN: 9788491515807
Edición: 1ª (2020)
Páginas: 88

21,20 

1 disponibles

Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega a algunhas das circunstancias biográficas e literarias que agroman na lírica da sinceridade que sen dúbida practicou Fiz Vergara Vilariño. De exquisita delicadeza, debeu loitar coa enfermidade e coa incomunicación dende a súa Lóuzara Xabreira, polo que so-
licitaba decontino as visitas e as epístolas dos seus camaradas.
Ó xeito dun trobador namorado, agardará por sempre, na compaña da soidade e da bremanza, a chegada da súa dama, “xunto ó vello muíño” e á Fonte da Cova, marco onde concorren os devanceiros e o retorno á infancia.
Fiz arelaba, unha vez desaparecese da vida, liberarse das ataduras físicas e que o seu corpo, alleo ó sufrimento, fose convertido “nun ramallo de panqueixos e caraveis”.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía”