Feminismo para o 99%. Un manifesto

Feminismo para o 99%. Un manifesto

Libro escrito por tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. Este é un manifesto que xorde co espírito dos milleiros de mobilizacións feministas que reinventaron a folga ao levar o concepto do traballo máis aló de salarios e horas. Aborda o acoso e as agresións sexuais, as barreiras á xustiza reprodutiva e as pexas ao dereito á folga.
Fronte ao feminismo liberal, instrumentalizado polo capitalismo e centrado en procurar o benestar dun 1 % mentres descarga no restante 99 % o traballo da reprodución social (unha tarefa que subordina á produción de beneficios e que consolida a opresión de xénero), o movemento do feminismo para o 99 % é antirracista, antiimperialista e ecoloxista. Chámanos a aproveitar a crise actual do capitalismo e a unir forzas con outros movementos para o 99 % a fin de iniciar unha transformación social de calado. As principais baixas nesta crise política do capitalismo son as mulleres, mais tamén son elas as principais actrices na loita por unha solución emancipadora.
En publicación simultánea en distintas linguas, incluída a orixinal en inglés, presentamos aquí a edición galega deste manifesto do Feminismo para o 99 %. Acompañámolo ademais dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.

Editorial: Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
Autor: Nancy Fraser,Cinzia Arruzza,Tithi Bhattacharya
ISBN: 9788494915451
Páginas: 76

12,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Libro escrito por tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. Este é un manifesto que xorde co espírito dos milleiros de mobilizacións feministas que reinventaron a folga ao levar o concepto do traballo máis aló de salarios e horas. Aborda o acoso e as agresións sexuais, as barreiras á xustiza reprodutiva e as pexas ao dereito á folga.
Fronte ao feminismo liberal, instrumentalizado polo capitalismo e centrado en procurar o benestar dun 1 % mentres descarga no restante 99 % o traballo da reprodución social (unha tarefa que subordina á produción de beneficios e que consolida a opresión de xénero), o movemento do feminismo para o 99 % é antirracista, antiimperialista e ecoloxista. Chámanos a aproveitar a crise actual do capitalismo e a unir forzas con outros movementos para o 99 % a fin de iniciar unha transformación social de calado. As principais baixas nesta crise política do capitalismo son as mulleres, mais tamén son elas as principais actrices na loita por unha solución emancipadora.
En publicación simultánea en distintas linguas, incluída a orixinal en inglés, presentamos aquí a edición galega deste manifesto do Feminismo para o 99 %. Acompañámolo ademais dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Feminismo para o 99%. Un manifesto”