“A miña fantasía é unha metralleta”. Cando vou pola rúa e un desconocido me chama o que sexxa: metralleta. Cando o político que sexa fai o comentario machista que sexa: metralleta. Cando o bispo lle conta á prensa que como pretendemos que non nos violen, se pedimos o aborto libre e gratuíto: metralleta.
Pode semellar unha fantasía violenta, pero non é; é unha fantasía de autodefensa. A miña fantasía é agradable porque non hai vontade de levala á práctica: pódoa vivir na cabeza sen sangue nas mans, sen vísceras nos zapatos, sen ter que sopesar se a persoa que teño diante merece a miña ira acumulada. Non teño metralleta nin a quero ter. O que quero é o dereito a imaxinala”.
Hoxe día o feminismo está máis vivo e é máis necesario que nunca porque a discriminación cara ás mulleres volveuse máis sutil e difícil de detectar, pero mantén o seu poder paralizador. Con espírito combativo, Bel Olid expón os conceptos clave da loita feminista actual dunha maneira intelixente, radical e, a miúdo, sorprendente.
Feminismo de peto. Kit de supervivencia
Sé el primero en valorar “Feminismo de peto. Kit de supervivencia” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.