Este é o paradoxal relato das vidas e da obra dunha parella —Filippo Prosperi, Candida Otero— que publicou fotografías nas mellores revistas galegas e estatais, premiárona en concursos, concorreu a exposicións, fotografou personaxes —Curros Enríquez, Elduayen, Cánovas— e feitos de primeira magnitude —pegadas da guerra colonial cubana ou alicerces do Vigo moderno— e cuxa herdanza, misteriosamente, consiste nun par de centos de fotografías.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.