Extra!

Extra!

Novo libro+CD de Paco Nogueiras, con ilustracións de Marc Taeger, que achega doce cancións con inspiración na prensa escrita. Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. Marc Taeger desdobra a figura de Paco Nogueiras en numerosas e divertidas facetas, cheas de colorido, dinamismo e expresividade. Sempre cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu azul, o protagonista convértese en repartidor e lector de periódicos, nun entusiasta cronista do mundo, ao ritmo da música. Con videoclips de apoio a través de QR dirixidos por José Miguel Sagüllo.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Paco Nogueiras
ISBN: 9788413430515
Edición: Novembro 2020
Páginas: 48

20,00 

2 disponibles

Novo libro+CD de Paco Nogueiras, con ilustracións de Marc Taeger, que achega doce cancións con inspiración na prensa escrita. Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. Marc Taeger desdobra a figura de Paco Nogueiras en numerosas e divertidas facetas, cheas de colorido, dinamismo e expresividade. Sempre cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu azul, o protagonista convértese en repartidor e lector de periódicos, nun entusiasta cronista do mundo, ao ritmo da música. Con videoclips de apoio a través de QR dirixidos por José Miguel Sagüllo.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Extra!”