Este libro-disco recolle máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo e da ilustración, entre outros ámbitos, que achegaron textos relacionados co percorrido do grupo folk Luar Na Lubre ao longo dos seus case corenta anos. O disco recolle 16 temas con 20 colaboracións. É o vixésimo traballo discográfico deste emblemático grupo. Desde o seu nacemento a proposta de Luar Na Lubre baseouse nas músicas de raíz galega polo que a formación sempre dedicou especial atención ao estudo dos diferentes cancioneiros tanto da tradición como da lírica medieval. Así mesmo, os traballos de campo e recolleita proporcionaron nestes anos un valioso fondo documental e un importante coñecemento da realidade musical galega que tamén se revela determinante nas súas composicións propias.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.