Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”. En tal posta en escena descansa o esforzo de análise e interpretación de “A sombra de Orfeu” e o “Auto do prisioneiro”, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesquecido, inesquecíbel.

Editorial: Editorial Laiovento
Colección: Ensaio
Autor: Manuel Castelao Mexuto
ISBN: 9788484874546
Edición: 2ª revisada e aumentada
Páginas: 284

19,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras “Eu endexamais escrevin teatro para ler”. En tal posta en escena descansa o esforzo de análise e interpretación de “A sombra de Orfeu” e o “Auto do prisioneiro”, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesquecido, inesquecíbel.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero”