Días de intemperie

Días de intemperie

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria
Autor: Antón Riveiro Coello
ISBN: 9788491519072
Edición: Novembro 2022

16,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraíso dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que enfrontan a quen le co espello para saber o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Días de intemperie”