Diario do ano da peste

Diario do ano da peste

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Daniel Defoe
ISBN: 9788491519379
Edición: 1ª Novembro 2022
Páginas: 304

20,90 

3 disponibles

É Daniel Defoe un dos maiores inventores da lingua inglesas, dicía o tamén escritor Anthony Burgess, e así o demostra neste estarrecedor relato novelado do andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, sendo un neno de cinco anos, sobreviviu. Percorren as conmovedoras páxinas deste libro exemplos de humanidade e solidariedade daqueles que se sacrifican polos demais, como tamén daqueloutros miserables que se aproveitan da desgraza allea en tan terribles circunstancias. Heroes, negacionistas, viláns, rexoubeiros e acaparadores pululan nunha dramática narración que hoxe, tras a pandemia que vivimos, está máis de actualidade que nunca, e que volve demostrar que a condición humana pouco mudou co paso dos séculos.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Diario do ano da peste”