“Diario de Moscova” narra a estancia de Walter Benjamin nesta cidade entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, onde pretendía ser testemuña directa da realidade comunista e decidir sobre a súa unión ao Partido Comunista alemán, á vez que retomar a relación sentimental coa actriz Asia Lacis, daquela enferma e unida ao amigo de Benjamin, o dramaturgo Bernhard Reich.
Considerado o traballo máis persoal de Benjamin, a través do Diario é posíbel penetrar de maneira sutil no íntimo do autor alemán, nun momento en que o desespero bordeaba o insoportable e a decepción da incipiente URSS se apoderaba del.
Diario de Moscova
Sé el primero en valorar “Diario de Moscova” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.