Diante un eco/ Sés

Diante un eco/ Sés

16,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Novo traballo de Sés que supón unha volta ao empezo da súa carreira como artista, mais dende o oficio e a madurez, e unha reafirmación da estética popular da que a compositora é amante e debedora. A sonoridade resulta especialmente fresca e alegre neste disco no que a cantautora coruñesa pinta con gran lucidez a realidade e a deriva sociopolítica do momento. É o oitavo traballo en once anos de carreira de Sés, consolidada xa coma unha das principais referentes da escena galega, que se caracteriza polo seu discurso valente, contundente e directo. O título fai referencia á concepción cíclica da historia. Os temas basculan entre ritmos americanos, repensados en galego e en feminino. Temas: 1. Cantan as balas; 2. Para cando eu morra; 3. Diante un eco; 4. Para te sacar; 5. Respirar por respirar; 6. Seguramente; 7. Non teño fe; 8. Que sexa súa; 9. Eu non son a que pensas; 10. Quen se salva; 11. Ninguén pensa; 12. O medo dunha nena.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Diante un eco/ Sés”