Despois das ondas

Despois das ondas

Tras corenta anos no exilio, María Casares regresa á patria da súa infancia convertida nunha grande intérprete, e no símbolo da España refuxiada, coa lembranza dunha Galicia entre as brétemas do pasado. Será nesa néboa onde a actriz deberá internarse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que camiñan pola súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María Casares? “Despois das ondas” é a primeira peza dramática longa en galego sobre a vida e a carreira da actriz, unha das creadoras máis influentes do século XX. Estreouse en 2019 pola compañía ButacaZero, con dirección de Xavier Castiñeira, no Teatro Colón da Coruña, cidade natal da protagonista, e a onde nunca puido regresar. O texto reedítase agora no centenario de María Casares.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Teatro
Autor: Ernesto Suárez Is
ISBN: 9788491518303
Páginas: 84

12,10 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Tras corenta anos no exilio, María Casares regresa á patria da súa infancia convertida nunha grande intérprete, e no símbolo da España refuxiada, coa lembranza dunha Galicia entre as brétemas do pasado. Será nesa néboa onde a actriz deberá internarse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que camiñan pola súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María Casares? “Despois das ondas” é a primeira peza dramática longa en galego sobre a vida e a carreira da actriz, unha das creadoras máis influentes do século XX. Estreouse en 2019 pola compañía ButacaZero, con dirección de Xavier Castiñeira, no Teatro Colón da Coruña, cidade natal da protagonista, e a onde nunca puido regresar. O texto reedítase agora no centenario de María Casares.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Despois das ondas”