A masía Clavell agóchase nalgún punto remoto dos montes de Les Guilleries, no nordés de Catalunya. En tempos de guerra, aínda que está rodeada de cazadores de lobos, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos, segue a resistir, habitada por mulleres, vivas e mortas. Cun poderoso torrente verbal, ritmo e sentido do humor, audacia formal e atmosferas evocadoras, a nova novela de Irene Solà explora a dualidade e o vínculo intrínseco entre luz e escuridade, vida e morte, memoria e esquecemento, realidade e fabulación. Herdeira da literatura popular e da narración oral de terras catalás, a autora segue forxando unha prestixiosa bibliografía que bebe das fontes do imaxinario colectivo reconstruído, actualizado e renovado a través dun estilo preciso, virtuoso e subversivo. Tradución de María Alonso Seisdedos.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.