De mar a mar

De mar a mar

Editorial: Alvarellos Editora
Autor: Feliciano Rolán
ISBN: 9788418567377
Edición: 1ª (2023)
Páginas: 172

21,50 

1 disponibles

Un libro que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro e Luís Seoane. Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos ficou varado no mar do esquecemento. Esta edición bilingüe incorpora unha versión en galego dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez- Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son “como berros de afogado”, en palabras de Lois Tobío.
Alvarellos

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “De mar a mar”