Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética. Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconversos -que reunía versos de 40 poetas- e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.
Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai desta un proposta singular.
Criptografías
Sé el primero en valorar “Criptografías” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.