Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, Crime en Compostela está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e converterse nun indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, “nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico”.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.