Novela de carácter psicolóxico, publicada por primeira vez en doce entregas entre os anos 1866 e 1867. Ambientada no San Petersburgo de 1865, a novela segue a Rodión Raskólnikov, un estudante que se ve obrigado a abandonar a universidade pola falta de recursos da súa familia. Necesitado de cartos para poder pagar os seus gastos, recorre a unha anciá prestamista, e, anoxado pola situación e cheo de delirios de grandeza, comeza a fantasiar coa idea de matar a anciá. Finalmente decide asasinar a prestamista, non só co fin de roubarlle, senón tamén por considerala un ser inútil para a sociedade. Porén, cando leva a cabo o seu plan, vese obrigado a matar tamén a Lizaveta, a irmá da anciá usureira, que o sorprende na escena do crime. Empeza o seu declive psicolóxico e consumido pola culpa, Raskólnikov non fai máis que escorrentar as persoas que intentan axudarlle. Tradución do ruso de Ekaterina Guerbek. Con ilustracións de Sarai Lorenzo e Eva Fandiño.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.