Álbum ilustrado que presenta a diversidade a ollos da infancia a partir dunha xornada no colexio, onde nenas e nenos de distintas procedencias conviven felices e en harmonía, aprendendo e axudándose mutuamente, compartindo xogos, melodías, sabores, danzas… Esa diversidade plásmase na fisionomía e na pel dos escolares, nas súas respectivas linguas maternas ou nos costumes propios de cada colectivo. Este canto á esperanza dun mundo fraterno e igualitario complétase coas fermosas ilustracións de María Girón, onde a diversidade identifícase cunha ampla paleta cromática. Ao dinamismo das escenas, con múltiples perspectivas, únense o realismo e a expresividade dos retratos.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.