Publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que desexan achegarse á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste peninsular, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos.
Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular

Editorial: Edicions do Cumio
Autor: José María Traba Velay,José Manuel Castro Marcote,Manuel Pose Carracedo
ISBN: 9788482894645
Páginas: 616
35,00 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una reseña.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.