Chévere. Trinta e cinco anos de axitación cultural

Chévere. Trinta e cinco anos de axitación cultural

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Chévere
ISBN: 9788413431796
Edición: Novembro 2022
Páginas: 300

39,00 

2 disponibles

Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos de estrañas circunstancias, traballando arreo e reencontrándose co público para ofrecerlle de novo algunhas das súas creacións máis senlleiras. Como parte desta celebración sae do prelo un volume que afonda na historia da compañía desde os comezos, na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos logo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa, o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade. Narrada en primeira persoa nun formato dialogado e profusamente ilustrado, esta obra achega da man dos seus integrantes o proceso de creación das producións máis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka na Biblioteca de Teatro.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Chévere. Trinta e cinco anos de axitación cultural”