Cartos (1885) ten moito de novela autobiográfica, e fai que Benedictsson brille con luz propia dentro da corrente feminista sueca do século XIX. Pon o foco na institución do matrimonio, na eventual separación e, dun modo máis xeral, nas limitacións impostas ás mulleres, para o caso as burguesas. Selma Berg, de dezaseis anos, soña con formarse como artista e poder facer da pintura a súa profesión, até que o seu tío, quen a tutela, lle traslada a tentadora proposta de matrimonio realizada por un vello terratenente. En tradución do sueco de Marta Dahlgren.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.