Botánica./ Abe Rábade

Botánica./ Abe Rábade

16,95 

2 disponibles

Décimo quinto traballo musical do compositor e pianista Abe Rábade (Santiago, 1977). O primeiro no que mestura a música orquestral, a tradicional galega e o jazz, en catorce temas que contan, na súa meirande parte, coa voz de Davide Salvado. É froito dun traballo creativo feito a lume lento que ten a vexetación como elemento vertebrador. Na orixe está o espectáculo Lorca Namorado, onde se daban a man a tradición galega e a flamenca. A partir de aí Abe Rábade decidiu seguir afondando na converxencia do jazz na música tradicional, que se traslada tamén ás letras e así conviven versos procedentes de coplas populares con textos orixinais do compositor. Este disco supón tamén o nacemento dunha nova banda. Canda Rábade e Davide Salvado participan Daniel Juárez (saxo tenor), Virxilio da Silva (guitarra), Ton Risco (vibráfono), Jimena Andión (cello), Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Naíña Acuña (batería).

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Botánica./ Abe Rábade”