Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito.
Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con “Blues para Moraima”, Premio Blanco-Amor 2016, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade e unha intriga que apreixa a persoa lectora.
Blues para Moraima
Sé el primero en valorar “Blues para Moraima” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.