Bechopoemas e outras bestas

Bechopoemas e outras bestas

Os protagonitas de «Bechopoemas e outras bestas», galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017 e co Premio Kirico 2019, son coñecidas criaturas -dende a curuxa ao león, pasando polo polbo ou a serpe- que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos “voadores”, “acuáticos”, “reptadores” e “ruxidores”, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e xogos de palabras a base de concatenacións, diálogos poéticos, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, onde tamén se presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación,enxeño e sentido do humor. As ilustracións son un insólito e orixinal colaxe con aplicacións de papel, tipografías e fotos, manchas de intenso colorido
que contrastan co bitono predominante, pegadas dixitais estampadas con tinta, debuxos e garabatos elaborados con lapis de cores que transforman e descontextualizan os obxectos ata extremos surrealistas. Son imaxes de contido simbólico que contribúen a que as lectoras e os lectores desenvolvan a súa creatividade e participen mesmo do proceso artístico deste peculiar bestiario.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Leire Bilbao,Maite Mutuberria (il.)
ISBN: 9788484644897
Edición: 1ª (setembro 2019)
Páginas: 64

14,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Os protagonitas de «Bechopoemas e outras bestas», galardoado co Premio Euskadi de Literatura 2017 e co Premio Kirico 2019, son coñecidas criaturas -dende a curuxa ao león, pasando polo polbo ou a serpe- que habitan na terra, na auga e no aire. Agrupadas en versos “voadores”, “acuáticos”, “reptadores” e “ruxidores”, a rima lúdica e o ritmo pegadizo destas composicións invitan a ser recitadas e cantadas colectivamente, en familia ou nas aulas. Estes versos destacan pola súa musicalidade, as onomatopeas que reproducen os sons dos animais e xogos de palabras a base de concatenacións, diálogos poéticos, acrósticos, repeticións e outros recursos literarios. A diversión e o sentido festivo da poesía están servidos nestas páxinas, onde tamén se presentan aspectos da vida cotiá con imaxinación,enxeño e sentido do humor. As ilustracións son un insólito e orixinal colaxe con aplicacións de papel, tipografías e fotos, manchas de intenso colorido
que contrastan co bitono predominante, pegadas dixitais estampadas con tinta, debuxos e garabatos elaborados con lapis de cores que transforman e descontextualizan os obxectos ata extremos surrealistas. Son imaxes de contido simbólico que contribúen a que as lectoras e os lectores desenvolvan a súa creatividade e participen mesmo do proceso artístico deste peculiar bestiario.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Bechopoemas e outras bestas”