Avoa de arriba e avoa de abaixo

Avoa de arriba e avoa de abaixo

Publicado por vez primeira en 1973, este álbum foi o primeiro que Tomie dePaola dedicou aos seus recordos infantís. Trátase dun relato autobiográfico de carácter interxeracional que achega a cuestións fundamentais da vida como o agarimo, a familia e a perda dos seres queridos. Nesta historia chea de tenrura preséntase a noción do paso do tempo dende dous planos, o cotián e o existencial, e introdúcese consecuentemente o tema da vellez: ese misterio que só se resolve cos anos. Pola súa parte, o protagonista enfróntase a un proceso de dó, unha experiencia que o axudará a medrar e que todo o mundo ha vivir antes ou despois. Cunha ilustración figurativa caracterizada polas cores suaves e os encadramentos frontais, o autor evoca unha atmosfera cargada de nostalxia e de afecto nun conto que se converteu nun clásico da literatura infantil. En tradución de Óscar e Sandra Senra.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Tras os montes
Autor: Tomie dePaola
ISBN: 9788413431499
Edición: 1ª (maio 2022)
Páginas: 32

16,00 

1 disponibles

Publicado por vez primeira en 1973, este álbum foi o primeiro que Tomie dePaola dedicou aos seus recordos infantís. Trátase dun relato autobiográfico de carácter interxeracional que achega a cuestións fundamentais da vida como o agarimo, a familia e a perda dos seres queridos. Nesta historia chea de tenrura preséntase a noción do paso do tempo dende dous planos, o cotián e o existencial, e introdúcese consecuentemente o tema da vellez: ese misterio que só se resolve cos anos. Pola súa parte, o protagonista enfróntase a un proceso de dó, unha experiencia que o axudará a medrar e que todo o mundo ha vivir antes ou despois. Cunha ilustración figurativa caracterizada polas cores suaves e os encadramentos frontais, o autor evoca unha atmosfera cargada de nostalxia e de afecto nun conto que se converteu nun clásico da literatura infantil. En tradución de Óscar e Sandra Senra.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Avoa de arriba e avoa de abaixo”