Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero)

Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero)

Editorial: Chan da Pólvora Editora
Colección: Sentulo
Autor: Marta Dacosta
ISBN: 9788412590517
Páginas: 82

15,00 

1 disponibles

“Así fala Penélope” é un traballo de Marta Dacosta dirixido a todo tipo de lectoras e lectores –pero especialmente a rapazada– que nos dá unha perspectiva única e contextualizada de máis de corenta poetas, desde Xohana Torres e María Xosé Queizán a Olga Novo ou Paula Luís.
A proposta é un apaixonado percorrido que Dacosta propón a través da escrita contemporánea das mulleres galegas. Trátase dun proxecto inédito: unha antoloxía de xénero onde os nomes e as cronoloxías trenzan un relato comunal con poemas que nos descobren como elas, con frecuencia, recoseron as palabras usadas para facelas lucir dun xeito distinto ou como, as máis das veces, optaron polas teas novas. O resultado é unha selección que visualiza autoras, reivindica a literatura e lle ofrece á rapazada unha esixente panorámica da poesía desde finais do século XX ata hoxe.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero)”