As mellores tendas de Madrid

As mellores tendas de Madrid

Cun oficio que bebe tamén na traxectoria xornalística do autor –durante logo trinta anos membro da redacción de A nosa terra e o seu director do 2007 ao 2010–, Manuel Veiga mergúllanos nesta nova obra nos primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semellaba a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria deste, Vanessa (con dous eses); e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras, pero nalgunha delas, talvez en Mónica, habita unha certa rebeldía. Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Manuel Veiga Taboada
ISBN: 9788491218005
Edición: 1ª Febreiro 2021
Páginas: 400

20,50 

2 disponibles

Cun oficio que bebe tamén na traxectoria xornalística do autor –durante logo trinta anos membro da redacción de A nosa terra e o seu director do 2007 ao 2010–, Manuel Veiga mergúllanos nesta nova obra nos primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semellaba a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria deste, Vanessa (con dous eses); e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras, pero nalgunha delas, talvez en Mónica, habita unha certa rebeldía. Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “As mellores tendas de Madrid”