As illas dos deuses

As illas dos deuses

O argumento desenvólvese no Bos Aires de 1948, cando Castelao vén de pronunciar o discurso “Alba de groria”, cando xa sabe que ten un cancro e no momento en que aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matalo. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de “paseos” e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, esta primeira novela do autor, mestre xubilado (Moaña, 1955),é un relato de intriga construído a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Serafín Parcero
ISBN: 9788491217008
Edición: 1ª Xaneiro 2021
Páginas: 368

23,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O argumento desenvólvese no Bos Aires de 1948, cando Castelao vén de pronunciar o discurso “Alba de groria”, cando xa sabe que ten un cancro e no momento en que aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matalo. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de “paseos” e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, esta primeira novela do autor, mestre xubilado (Moaña, 1955),é un relato de intriga construído a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “As illas dos deuses”