As aldeas da memoria é froito do diálogo entre os poemas de Baldo Ramos e as fotografías de Nachock. A reflexión e o coñecemento da realidade son o punto de encontro, o lugar no que as dúas linguaxes abren as portas a un universo creativo alleo. Baldo Ramos e Nachok pretenden dar unha visión da historia recente e poñer en valor todo o que o tempo foi desbotando, os espazos que na memoria e nos lugares queda desa Galiza esvaecida por un contexto social que tolerou a decadencia e abandono dun sistema de valores, dunha forma de vida que se nega a marchar de todo. É un ensaio artístico visual e literario que pon de manifesto a silandeira, continua e inexorable condena que sofren as aldeas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.