Trece historias de medo arrepiante que amosan a Galicia máis escura. Este volume nace dunha proposta da editora para facer unha revisión da tradición popular arredor do medo, o misterio e a morte na procura de novas lendas que encaixar nun roteiro de escenarios da xeografía de noso. Cada un dos participantes escolleu un lugar con total liberdade e cun só condicionante: a ambientación sería no século pasado au a finais do anterior, para darlle un percorrido histórico ficticio a cada unha das historias. Todas elas teñen tamén en común a cor negra da tinta, o escuro do guión e o branco dunha clara intención fantasmagórica: producir arrepíos. Participan Bento Carroña, Dani Xove, Inés Vázquez, Marcos Calo, Mabel Lareo, Rubén Rial, Santy Gutiérrez, Tomás Guerrero, Álvaro López, Luis Sendón, Greta Debelius, Manel Cráneo e Javi Montes. As cubertas son de Víctor Rivas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.