Aquí comeza o mar (Premio Blanco Amor 2021)

Premio Blanco Amor 2021.
Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte dos istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres.
Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.
“Aquí comeza o mar” é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital do franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria
Autor: Blanca Riestra
ISBN: 9788491518082
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 246

21,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Premio Blanco Amor 2021.
Unha cidade construída, non sobre un volcán, senón sobre un sumidoiro. Encheron parte dos istmo con bloques de cemento e chamáronlle o Recheo, logo construíron por riba casas modernistas e obeliscos e plantaron árbores exóticas, en xardíns con estatuas de escritoras e de próceres.
Pero o sumidoiro móvese e tira dos que camiñan sobre el, funciona coma unha ventosa. Mentres a cidade vive, o sumidoiro láiase e boquea. Sopra o vento, chove a mares e, arredor, os océanos axítanse e ameazan de negrura.
“Aquí comeza o mar” é a historia dunha cidade anómala, A Coruña, segunda capital do franquismo, onde, ás costas dos funcionarios e da xente ben, a finais dos setenta, empeza a medrar unha bohemia desaforada e imaxinativa, unha vida nocturna velenosa e fulgurante. A través das páxinas da novela, acompañamos a pintores, músicos de rock, escritores e poetas á procura dunha cultura propia nunha explosiva epopea de autodestrución persoal chea de humor, de drogas, de fantasía, de sexo.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Aquí comeza o mar (Premio Blanco Amor 2021)”