A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña
curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro. Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades. Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá?
“Animais de compañía” é un relato construído a partir dun xogo de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca.
Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll.
Animais de compañía
Sé el primero en valorar “Animais de compañía” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.