Unha casa de bonecas, un campamento, cartas, amigues, tritóns, resacas, amor, odio, coidados, memoria… Moitas son as historias que durante séculos ficaron exiliadas entre as liñas, que non foron permitidas ou que se ignoraron á mantenta. Hoxe as marxes alzan a voz para enunciar con orgullo a narrativa dunha realidade diversa. Este libro é unha antoloxía con quince perspectivas novas e diferentes arredor da disidencia de sexo e xénero. Quince voces de ata 30 anos que escriben co convencemento de que, como dixo Safo, “Alguén nos lembrará”.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.