Alén / Servidume da treva

Alén / Servidume da treva

Augusto Casas foi un dos autores máis prolíficos da chamada xeración do 22, do 25 ou das Vangardas. Recóllense neste volume dous dos seus poemarios máis significativos, onde presenta unha poesía debedora da escola imaxinista de Amado Carballo, que derivou cara a unha dirección sentimental e saudosista que empapa o conxunto da súa obra, do que é claro exemplo Alén (1962).
“Servidume da treva” (1965) foi o o seu derradeiro libro, que segue as liñas xerais da súa poética, e onde o autor parece consciente dunha vontade testamentaria, porque está configurado como unha especie de “Libro dos amigos”. Manuel María cualificouno como libro melancólico e apaixonado, escrito con sinxeleza, e salienta a depuración no seu estilo e a nudez expresiva, así como o dialoxismo entre a paisaxe externa e a interior do poeta.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Biblioteca Nós
Autor: Augusto Casas
ISBN: 9788491517795
Páginas: 184

17,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Augusto Casas foi un dos autores máis prolíficos da chamada xeración do 22, do 25 ou das Vangardas. Recóllense neste volume dous dos seus poemarios máis significativos, onde presenta unha poesía debedora da escola imaxinista de Amado Carballo, que derivou cara a unha dirección sentimental e saudosista que empapa o conxunto da súa obra, do que é claro exemplo Alén (1962).
“Servidume da treva” (1965) foi o o seu derradeiro libro, que segue as liñas xerais da súa poética, e onde o autor parece consciente dunha vontade testamentaria, porque está configurado como unha especie de “Libro dos amigos”. Manuel María cualificouno como libro melancólico e apaixonado, escrito con sinxeleza, e salienta a depuración no seu estilo e a nudez expresiva, así como o dialoxismo entre a paisaxe externa e a interior do poeta.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Alén / Servidume da treva”