Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos

Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 – México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.
Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser­vicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Via­na organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.
Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Editorial: Belagua Ediciones y Comunicación, S.L.
Autor: Roberto Mera Covas
ISBN: 9788412143386
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 260

20,00 

1 disponibles

Roberto Mera narra a odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó e recupera a proeza dun home íntegro e entregado aos demais. Na Europa ocupada polos nazis, miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles, Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 – México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego. Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas a distintos países de América, na súa maioría a México. Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”