Texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa, pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala(1801) e René (1802) de Chateaubriand, ou Corinne(1808) de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir(1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. O interese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, na medida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modo vixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para dar lugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conducta e na psicoloxía do individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xa traduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora con esta aportación. Antón Figueroa Lorenzana
Adophe

Editorial: Editorial Laiovento
Autor: Benjamin Constant
ISBN: 9788484874935
Edición: 1ª Outubro 2020
Páginas: 104
14,96 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Adophe” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.