A vida na fundición

A vida na fundición

A vida na fundición publicouse en 1861 na revista bostoniana The Atlantic Magazine. Por múltiples razóns, como a orixinalidade coa que está escrita ou a denuncia aberta da realidade industrial do país, a obra tivo unha recepción extraordinaria e recibiu acendidos encomios saídos das principais plumas do momento en América do Norte: dende Nathaniel Hawthorne ou Elizabeth Peabody até Ralph Waldo Emerson ou Emily Dickinson. Con esta narración, que rompe de raíz co entusiasta mito fundacional estadounidense, a autora traspasou a fronteira entre romanticismo e realismo, anovou no plano estilístico e achegou, no fin de contas, unha das primeiras e máis equilibradas descricións da vida nas fábricas da literatura norteamericana. Convén así mesmo non perder de vista a forte carga simbólica dalgúns elementos presentes no relato; por exemplo, o río, que dun xeito metafórico alude á escravitude negra xa no comezo. A historia, cuxos protagonistas son os malfadados curmáns Deborah e Hugh Wolfe, conta ademais con numerosas apelacións ao lector por parte da voz narradora, comentarios que afianzan a ideoloxía do relato e nos que se percibe un pouso autobiográfico. Literatura, en síntese, de alta calidade, esixente e pioneira do realismo estadounidense.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Rebecca Harding Davis
ISBN: 9788412128079
Edición: 1ª Outubro 2020
Páginas: 68

12,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A vida na fundición publicouse en 1861 na revista bostoniana The Atlantic Magazine. Por múltiples razóns, como a orixinalidade coa que está escrita ou a denuncia aberta da realidade industrial do país, a obra tivo unha recepción extraordinaria e recibiu acendidos encomios saídos das principais plumas do momento en América do Norte: dende Nathaniel Hawthorne ou Elizabeth Peabody até Ralph Waldo Emerson ou Emily Dickinson. Con esta narración, que rompe de raíz co entusiasta mito fundacional estadounidense, a autora traspasou a fronteira entre romanticismo e realismo, anovou no plano estilístico e achegou, no fin de contas, unha das primeiras e máis equilibradas descricións da vida nas fábricas da literatura norteamericana. Convén así mesmo non perder de vista a forte carga simbólica dalgúns elementos presentes no relato; por exemplo, o río, que dun xeito metafórico alude á escravitude negra xa no comezo. A historia, cuxos protagonistas son os malfadados curmáns Deborah e Hugh Wolfe, conta ademais con numerosas apelacións ao lector por parte da voz narradora, comentarios que afianzan a ideoloxía do relato e nos que se percibe un pouso autobiográfico. Literatura, en síntese, de alta calidade, esixente e pioneira do realismo estadounidense.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A vida na fundición”