A traizón

A traizón

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Amalie Skram
ISBN: 9788412600797
Edición: Xaneiro 2024
Páginas: 160

15,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A traizón arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde dúas familias se reúnen para celebrar a voda entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, Ory, unha moza de dezasete anos, case catorce menos ca el. A partir de entón, as desavinzas da parella non farán senón agudizarse, sometida a unha guerra conxugal con momentos de gran virulencia (sobre todo dialéctica), a miúdo mediante diálogos enxeñosos, xiros de guión inesperados e un hábil emprego da corrente de conciencia. No sistema literario de orixe, esta novela está considerada como un dos grandes clásicos do rupturismo moderno escandinavo, un movemento de corte realista e analítico. Cómpre así mesmo prestarlle atención á descrición da vida a bordo dun mercante noruegués (que a autora coñecía á perfección), outro dos grandes atractivos dunha obra a todas luces singular, nunca antes traducida a ningunha lingua ibérica. Celos, incomprensión, rexeitamento, disparidade sexual e afectiva, confianza, fe… son elementos que se suman para facer desta peza un nexo inescusable entre a Casa de bonecas (1879), de Henrik Ibsen, e grandes novelas europeas posteriores tales como Il disprezzo (1954), de Alberto Moravia. Traducido do dinamarqués por Marta Dahlgren e Alejandro Tobar.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A traizón”