A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Este clásico contemporáneo que leva máis de 30 anos acompañando as nenas e os nenos, ten recibido recoñecementos tan importantes como o Premio Alemán de Literatura Infantil, traduciuse a máis dunha vintena de linguas e publicouse en numerosos países.
Un conto simpático e escatolóxico que provoca gargalladas e fai que os lectores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo.
Nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece nos libros.
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Sé el primero en valorar “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.