Caridad Verdet, a protagonista de A simetría das bestas, non foi quen de ler os proídos, a fatiga, a furia dos músculos. Tampouco a dor nas articulacións. Nin sequera a asfixia que a agardaba nos banzos. A doenza terminal que sufre chegoulle como a brisa antes da treboada.
Cando lle descifraron o enigma da súa xenética, non deu en chorar nin rebordou de rabia. Non perdeu o tempo en relearlle á esperanza e evitou afanarse na protesta. Só cavilou sobre as súas forzas e preguntouse se, por baixo da carne, agocharía a vontade precisa para rematar con todo antes de ser presa dos coidados.
A simetría das bestas, obra de corte filosófico que concede un espazo de dignidade á imperfección, á diferenza e á marxinalidade, destaca polo seu simbolismo e bo manexo dos recursos narrativos, así como pola potencia literaria da súa protagonista.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.